viernes, 3 de junio de 2016

Quendas na Carreira Solidaria e imaxes


Información:


Debido á poeira que se levantará corredor tras corredor ao longo da mañá, decidimos celebrar a actividade dentro do pavillón, á sombra, sen po e cunhas boas gradas para que disfrutedes da carreira.

Non podemos asegurar a hora na que correrá cada grupo, estimamos uns 30 minutos por cada parella de cursos, pero dependerá moito da súa resistencia.

O que é seguro é que ás 10:15h empezamoooosss!!! 

  • Comeza correndo de Educación Primaria, contan as súas voltas @s alumn@s de , quenes, invertindo os papeis, correrán de seguido.


  • Son as 10:40h, @s alumn@s de 4º están quentando porque o grupo anterior está rematando. Ao rematar 4º de correr, será  quen se esforce e intente dar o maior número de voltas. Preparados?

Listos... XA!!! Veñaaaa!


  • E pasiño a pasiño, máis ben, zancada a zancada, casi correu a metade do centro. Son as 11:30, en breve sale  á pista, e despois, , a dar o mellor de cada un. Ánimo!!!

  • E por último, os máis pequenos do cole!! Son as 12:15h, de seguido chega a quenda de Infantil, levan días preparándose, será un gran broche final para esta carreira, non van defraudar!


Esperamos que vos gustara!!!! Gracias aos espectadores, polos ánimos, os que non puidestes asistir, non vos preocupar, aquí tedes un video onde recollemos as mellores imaxes da xornada.





Agardamos os vosos comentarios!


        E tras o reconto da Carreira Solidaria aquí tedes os datos: déronse un total de 2750 voltas, cada patrocinador pagou o que estimou por cada unha delas, así que en total recaudáronse 1248'50€, moitísimas grazas a tod@s pola vosa colaboración, foi un traballo exclusivamente voso! Sen @s nen@s que correron, os patrocinadores, e o profe Fran, que se encargou de organizar todo, esta carreira non houbera tido este éxito.
        Informarvos tamén de que se decidira repartir os cartos entre a entidade de "Save the children" e a "Asociación Española Contra el Cáncer" polo que cada organización recibirá a metade do recaudado.



3 comentarios: