lunes, 27 de noviembre de 2017

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Celebramos o día contra a violencia de xénero cunha representación teatral das alumnas e alumos de 6º





O noso alumnado de 5º e 6º viaxou ata Laracha para celebralo con nosos compañeir@s da localidade veciña






videoclip pola igualdade






















lunes, 20 de noviembre de 2017

CELEBRAMOS OS DEREITOS DAS NENAS E NENOS

Lectura dun manifesto sobre os dereitos do neno e visionado dun vídeo sobre as problemas que algúns cativos do mundo teñen para poder facer efectivo eses dereitos, cousas que algúns teñen garantizadas, pero moitos outros, por desgracia, non.




lunes, 6 de noviembre de 2017

FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO 17/18

Celebramos a festa do Samaín cunha nova edición do noso túnel do terror.........berros, choros e risas garantizados!
Seguido da queima dos nosos medos, a entrega de premios ás cabazas máis terroríficas, orixinais e espaciais e unha degustación das exquisitas castañas!
Tivemos tamén  a ocasión de desfrutar dunha exhibición do xogo da billarda, moi interesante pero..........parece moi difícil!



Comezamos nos días previos preparando papeis con nosos medos para queimar nun lume purificador...





Ademais, o alumnado de 6º (de valores sociais) celebrando o samain cos alumnos de infantil e 1º e 2º , representando  a obra:  “Carabuñas , o que non cortaba a s uñas” . Fixerono, como podedes ver  na foto, usando as tecnicas do teatro negro de Praga.




Logo, deixando atrás os nosos medos, os que se atreveron, entraron no....Túnel do terror!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!












Pasamos a queimar os nosos medos...................coidado co lume, non nos queimemos nós!!!!!




Tanto medo da fame, asi que.veñan esa castañas Gonzalo!










E por último, que mellor que gozar dunha exhición de billarda...



INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA, CURSO 17/18

O 24 de Outubro, tivo lugar a apertura da biblioteca do Ceip Alfredo Brañas para este curso 17/18 no que Firuca, despois do seu paseo pola historia do pasado curso, afronta agora unha nova e emocionante aventura........a conquista de espacio!

Este curso aprenderemos sobre o universo e viaxaremos.......ata o infinito e máis alá!