viernes, 25 de noviembre de 2016

SAMAÍN 2016



Espectacular o samaín celebrado no noso colexio que, da noite para a mañá apareceu cheo de cabazas, monstros, vampiros... e moitos máis personaxes terroríficos que encheron a nosas aulas.

E que dicir do colexio, que amenceu transformado nun túnel do terror e...............de moitas risas tamén!

Aquí podedes ver que ben o pasamos este samaín 2016

Ligazón:              samaín 2016


jueves, 24 de noviembre de 2016

EXPOCABAZAS 2016



Un ano máis, contamos no noso colexio cunha gran exposición dalgunhas das cabazas máis terroríficas, divertidas, orixinais e sobre todo, máis traballadas que poidades imaxinar, deixámosvos aquí un vídeo para compartir con todo o mundo oo traballo do noso alumnado. Botádelle un ollo, a ver se sodes capaces de facelo mellor!


Ligazón:      Expo cabazas 2016 

Moitas grazas por participar nesta divertida exposición!



DESPEDIDA 6º CURSO 2016




Por fin, despois de moitos anos compartindo alegrías, desexamos o mellor para o noso alumnado graduado no curso 2015/2016 e deixamos, de agasallo e como recordo, un enlace dun vídeo que amosa un pouco do vivido xuntos durante esta etapa da vida.




         Ligazón:               Despedida 6º 2015/2016

 Que o disfrutedes e vos lembredes do noso colexio para sempre!