martes, 31 de mayo de 2016

Carrera Solidaria

Estimadas familias:

O vindeiro 3 de xuño celebraremos unha nova edición de Carreira Solidaria en favor da organización "Save the children". Este ano os fondos recadados serán repartidos entre esta entidade para loitar contra a desnutrición infantil e unha organización local, a "Asociación Española Contra el Cáncer" (AECC).

Empezaremos sobre as 10:15h no campo de fútbol do colexio, comezando polo 6º curso de Educación Primaria e progresivamente sairán os cursos inferiores ata chegar ao grupo de 3 anos que será o último en correr.

Estade atentos ao blog, pois iremos informando das horas aproximadas nas que vaia correr cada curso.

Lembrade que os cartos que acheguedes serán por CADA VOLTA AO CIRCUÍTO MARCADA PARA CADA NIVEL e NON por km percorrido. 

Esperamos que veñades animar aos corredor@s!!!!

Recolleremos os cartos ata o 8 de xuño e anunciaremos o resultado tanto no blog como nas portas do colexio.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colabración.




viernes, 20 de mayo de 2016

Día das Letras Galegas: Manuel María.


Co gallo das Letras Galegas, estes días os nenos/as do cole estiveron traballando a obra literaria de Manuel María a quen se lle dedica no 2016 esta celebración.





Os maiores do centro foron os encargados de presentar a celebración, facendo un percorrido pola vida e obra do autor.

A continuación, os alumn@s de 5º fixeron un recital de poesía “Os sonos na gaiola” e contaron o conto “Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos”.





O público, moi atento:




Nin os máis pequeniños/as do cole pasaron por alto esta homenaxe-celebración que sen saber ler foron quenes de memorizar uns versiños para recitar “A Lúa”.





A continuación, os nen@s de 4 anos escenificaron “O Arco da Vella”.





E os maiores de 5 anos leron “O Sol”.



Sabela, Lucía e Artai, en representación de 1º de EP, leron: "Galicia".



A continuación, 2º de EP, da man de Candela, Lucas, Candela e Mencía:



De seguido, @s nen@s de 3º de EP:



E xa para finalizar a celebración, @s alumn@s de 4º de EP, que recitaron: "O meu barco".



O público, coma sempre, entregado:



E Xaquín, o encargado de clausurar esta celebración.






viernes, 6 de mayo de 2016

Lectura de 1ºEP

Hoxe na biblioteca...


Ainara, Nuria e Nico leron...




 Fixéronno xenial!! Cada día estes nenos len mellor!!







 Outro 10 para o público!




Se queredes desfrutar deste conto a través dunha curtametraxe, aquí podedes velo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-21-o-dia-en-que-a-mama-se-lle-puxo-cara-de-teteira



Aproveito para invitarvos a que fagades comentarios no blogue!




lunes, 2 de mayo de 2016

Lectura de 1º EP


Os de 1º de Primaria están animados e o pasado venres volveron lernos un libro, esta vez da man de Alba e Adrián poidemos disfrutar de "Un puñado de besos".
Para nós foi unha ledicia escoitalos e eles parecían cómodos!












Se tedes curiosidade sobre o conto ou que os vosos peques volo lean, aquí o tedes: https://docs.google.com/presentation/d/1eduVsI9SnLeVCKoTryTaPPyWk6yxfL1yIwzWCATXpfA/present?slide=id.g226b3e8d_0_42