miércoles, 27 de abril de 2016

Mercadillo Solidario do Libro


Outro ano máis organizamos o mercadillo para trocar libros usados. 
Estes días os nenos e nenas foron traendo libros ao colexio, a cambio hoxe puideron escoller de entre varios doados polos compañeiros para levar a casa.

Así foi transcurriu o troco...


                              Todo está preparado para escoller libro.











O Quixote


E seguindo coas lecturas neste mes dedicado a elas, hoxe os nenos e nenas de 1º de EP leron unha adaptación do "Quixote", a obra más relevante da literatura española, escrita por Miguel de Cervantes e publicada no ano 1605.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes..



















sábado, 23 de abril de 2016

ABRIL: mes do libro


       Hoxe na biblioteca tivemos dous eventos:

Por unha banda, repetiron lectura @s nen@s de 5 anos, nesta ocasión foron Claudia, Zaira e Gonzalo quenes nos deleitaron lendo o conto da "Cincenta".
Moitas grazas! 






                        Moi ben rapaces!!



Pola outra, varios nen@s de 2º escenificaron o conto de "Os Bolechas teñen cóxegas". Aquí tedes algunhas imaxes...






Fenomenal chic@s!


viernes, 1 de abril de 2016

Concienciación sobre o Autismo

Hoxe na biblioteca...






Mañá é día 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, nós celebrámolo hoxe no cole.


Para conmemorar este día vimos a seguinte curta: “El viaje de María”: 





Sobran as palabras e os comentarios pois o video explica a través de imaxes moi sinxelas pero significativas a entrañable historia desta nena con Autismo e cales son as dificultades coas que vive tanto ela como os seus familiares. Ademais, a historia explica o xeito de entender e funcionar dunha persoa Autista. 

 

Se vos quedastes con ganas de máis podedes ver o documental completo aquí:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-documental/documental-maria-yo/2060907/


A continuación, os nenos/as de 2º de EP, da man da mestra de Pedagoxía Terapéutica, elaboraron unhas frases nas que nos trasmitiron que nos pediría un neno autista, baseadas nos principios clave que propón Angel Rivière, experto na materia e autor de referencia. Podedes consultar estes principios aquí: http://vinculoatenciontemprana.blogspot.com.es/2012/09/que-nos-pediria-un-autista-los-20.html

 




        Pasando o testigo...
                               



Toda esta conmemoración resúmese en: