martes, 21 de diciembre de 2021

NADAL 21

 E remata o ano e comeza o Nadal. 

Mentres quenta o chocolate e leva o biscoito,  o alumnado de terceiro ciclo anima a mañá cunhas panxoliñas 




 











E chega o momento de coller folgos cos biscoitos e chocolaaaaaaaate














 Marchamos logo a ver a obra de teatro, os tres porquiños 







Visita sorpresa de PAPA Noel.... 






E logo temos a entrega de premios do noso concurso de postais... noraboa a Osama de 5 de primaria,  a Raúl tamén de 5 de primaria e  Alexandra de 6 de infantil 




lunes, 22 de noviembre de 2021

TEATRO LIDO


Participación do grupo de teatro Firucos nunha nova edición do Fiot, Carballo, no certame de teatro lido Xosé Ramón Eiris, coa adaptación da obra Romeo e Xulieta.

 

https://fiot.gal/xx-certame-de-teatro-lido-xose-manuel-eiris/ 

 



 E por fin, despois de un ano de pandemia sen excursións, os nenos e nenas de infantil saímos a explorar a nosa contorna en Gabenlle. Alí paseamos pola carballeira, recollemos follas do outono, fixemos uns murais con elas e sentimos a xeada fría que hai nesta época do ano preto dos ríos...



miércoles, 10 de noviembre de 2021

MAGOSTO 21


De novo imos papar as castañas asadas polo cociñeiro Zalo e aportadas polas familias do noso alumnado e rematar a festa cuns xogos tradicionais preparados polo equipo docente no noso centro.










































lunes, 8 de noviembre de 2021

Refugallo....ou non?

 De noco coa colaboración do Concello de A Laracha, realizamos no noso colexio un obradoiro de refugallo para o noso alumnado de educación infantil

 

 https://www.matracala.es/gl/extraescolares/percusion-con-refugallo/

 

nesta actividade, exploramos distintos instrumentos de percusión (ademais do noso propio corpo) e diferentes ritmos. 

Aprendemos a usar a linguaxe de signos para desenvolver  a capacidade de escoitar ó compañero, a diferenciación, a imitación e o acompañamento. 

 


 








 












viernes, 29 de octubre de 2021

DÍA DA BIBLIOTECA 2021

 O 24 de Outubro se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares 2021,  compartimos con vós esta ligazón ao blogue da biblioteca do ceip alfredo brañas 


Día das Bibliotecas Escolares 2021 - Proxecto “FIRUCA E A CONTORNA”

Samain 21

 Horror terror e furor!

A nosa biblioteca apareceu poseida por todo tipo de cousas terrorífica! Monstros! Cabazas! Arañas! A directora!

Que medo todo..... e ninguén sabía nada!!!!Sorpresa total, nunca pasara que unha biblioteca dera máis medo que un exame....


Velaquí a entrada...... se te atreves


Un vídeo recopilatorio dalgunhas fotos e de cabazas terroríficas..............





E............ uns valentes de educación infantil que se atreveron a entrar............ sairían?



martes, 26 de octubre de 2021

ABELLAS NO COLEXIO!

 Recibimos a visita dun apicultor que nos vai ensinar porque son tan importantes as abellas, como traballar con elas e comprender como viven nunha colmena.

 

Para a realización desta actividade contamos coa colaboración co Concello de A Laracha! 

 

Velaquí uns vídeos e fotiñas