jueves, 25 de febrero de 2016

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro


24 de febreiro de 2016
179 aniversario


Hoxe celebramos no cole o día do nacemento desta gran escritora galega. 
Para elo, os alumnos/as prepararon varios dos seus versos para recitalos.

























martes, 23 de febrero de 2016

Festival de Entroido!


Dedicamos moito tempo á elaboración dos disfraces así como a ensaiar as cancións e os bailes, esperamos que disfrutarades do festival, porque nós moito!

E como unha imaxe vale más que mil palabras, aquí tedes unhas cantas…



E, sen desmerecer a ninguén, queremos amosarvos a actuación estelar dos maiores do cole! Que talento! Abraiados quedamos todos…




jueves, 18 de febrero de 2016

ENTROIDO, ENTROIDIÑO, AQUÍ ESTÁN OS MANDADIÑOS



Pasado o día da Paz, chega febreiro e con el o Entroido e antes do festival, ao que estades convidad@s, imos quecendo motores cumprindo os mandadiños.
Aquí están...
LUNS: A semana de Entroido comeza,
trae unha coroa de rei ou raíña na cabeza.

MARTES: conto do Gato con botas lembrarás
e uns bigotes de gato traerás.

MÉRCORES: Soprarei, soprarei e soprarei
e a cara de lobo traerei.

XOVES: Mañá xoves voume despedir
e co disfraz que queirades déxovos vir.

e o VENRES? Pois estas semanas estivemos preparando uns disfraces 
e unhas actuacións moi chulas que esperamos que vos gusten.

Vémonos no Centro Sociocultural de Paiosaco ás 11:30h.


Día da PAZ.


Chega un dos días máis bonitos do ano, o da PAZ!!

Entre todos fixemos unha pomba ben grande chea de pequenas pombiñas decoradas con debuxos e mensaxes de Paz…

    Que idea tan chula!



E para celebrar este gran día os alumnos/as de 4º, da man do seu mestre de lingua, Rubén,  interpretaron un conto: “Osos de granxa”, que ben caracterizados ían!

                         












      Os mestres tamén se animaron a escenificar o conto de “O regalo” e por último, Pedro, o mestre de inglés, preparou ao curso de 6º para interpretar a canción  “Heal the world” de M. Jackson.














Homenaxe a “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas.


Volvemos das vacacións con enerxías renovadas para empezar o ano con forza e iniciamos o trimestre cunha conmemoración.






      O pasado día 5 de xaneiro celebrouse o 55º aniversario desta novela e os alumnos e alumnas de 2º, da man da mestra Sara, quixeron rendirlle unha pequena homenaxe, tanto á novela como ao seu autor recentemente falecido.
      Os rapaces leron unha pequena parte da obra e fixeron uns debuxos.






Saída ao teatro


Estamos rematando este primeiro trimestre...
Esta última semana de decembro fomos ao teatro na Laracha. Os máis pequenos do cole viron: "Rosa caramelo" e os maiores: "Sopa de sapo".
Pero casi poderiamos dicir que o máis sorprendente foi ver a Papá Noel á saída preguntando qué lle pedíamos e dándonos uns caramelos.

As caras dos máis peques dicíanno todo, aquí tedes a mostra…





     
     E así despedimos este trimestre, familias.
    O último día facemos unha saída ao cine, imos ver “El viaje de Arlo”, á volta tomaremos unha chocolatada no centro á que estades convidad@s!


A todos vos desexamos que pasedes unas boas festas, vémonos o 7 de xaneiro!

Concurso de postais


     Como todos os decembros organizamos no centro un concurso de postais de Nadal. Participaron todos os nenos e nenas do cole pero lamentablemente só poden gañar 3.

Aquí tedes as súas postais.





      Felicidades Lucas!

     Noraboa Samara!


     Parabéns Natalia!





Por outra banda, o Concello da Laracha tamén convocou os concursos de Nadal no que participaron todos os alumnas/as dos centros escolares do municipio.
O alumnado premiado do noso cole foi:

Concurso de postais: 
         Educación Infantil, dous premios por nivel e de carácter colectivo:
    -    4º curso: 1º premio.
    -    6º curso: 1º premio.

Educación Primaria:
    -  Primeiro ciclo: 2º premio a Rubén Brandón Señarís (1º de EP).
    -  Segundo ciclo: 3º premio a Abel Ponte Castiñeiras (4º de EP).

Concurso de conto:
     -   1º premio: Sofía Alonso Mesías (6º de EP) por "A maxia do Nadal".
     -   3º premio: Ana García Álvarez (6º de EP) por "El gran viaje de Carla".


NORABOA a TOD@S!!