jueves, 30 de junio de 2016

PECHADO POR VACACIÓNS


30 de xuño de 2016
podemos dar por rematado oficialmente o curso 2015/2016.


Esta entrada será a última do blog neste curso, oooohh... 
Pero non lle perdades a pista!



      O blog deu o seu traballiño, non o imos negar, pero pensamos que os resultados valeron a pena. Todo o que colgamos só foi unha pequena mostra do que fomos facendo ao longo do curso, pero houbo moito máis! Esperamos que desfrutarades lendo e vendo o que publicamos tanto coma nós preparándoo. Podedes crer que o fixemos con moito cariño... dende a preparación das actividades no cole como as fotografías tomadas, pasando pola súa selección e montaxe ata chegar ao que podedes ver nas vosas casas.

Só vos facemos unha única petición... Encantaríanos que fixerades comentarios no blog pois sírvennos de aliciente para continuar e saber que ao outro lado hai xente que lle interesa o que facemos, mellor dito, o que fan @s seus fill@s, así que animádevos a comentar!


@s mestr@s do CEIP Alfredo Brañas deséxavos que disfrutedes do verán!!





      

miércoles, 29 de junio de 2016

AIRIÑOS 33

Ás vosas casas chegou un exemplar da revista do cole, pero estamos tan orgullosos dela que queremos amosarlla a todo o mundo para que vexan o que facemos no cole de Paiosaco!
Pinchade aquí para vela e desfrutade!!





jueves, 23 de junio de 2016

ÚLTIMO DÍA DE COLE


Vaia día máis intenso... 
A entrada de hoxe no blog ven cargadiña!


Comezou con imprevistos que lle deu un toque de emoción á xornada, pero ao final todo foi sobre rodas... Houbo sorpresas, regalos, benvidas e despedidas, risas e bágoas, pero sobre todo, 
moita diversión!!
Moitas grazas aos que o fixéchedes posible!



     En primeiro lugar, e como eles non podían ser menos, @s nen@s de 3 anos representáronnos "O pequeno tulipán", que ben o fixeron!!







      
                                                     


      Despois desta actuación, subiron ao escenario os encargad@s de biblioteca. O centro quiso ter un detalle con este/as rapaces/as de 5º e 6º que durante todo o curso tiveron a punto este lugar de lectura, xestionando os préstamos e devolucións, colocando cada exemplar no seu sitio, mantendo a orde, etc. 
Grazas polos vosos servizos! Fixéchedes posible que 1399 libros viaxaran ás vosas casas.







          E seguimos agasallando!!
      Como cada ano por estas datas publícase a revista do noso cole, imos polo número 33! Foi difícil seleccionar unha portada para ela, por eso, foi sometida a votación. As finalistas foron as debuxadas por Antonio, Fátima, Samara (os tres de 5º de EP) e Carmen (6º de EI); e a gañadora... Sofía (6º EP). 

Velaquí tedes as portadas...

Finalistas:




Gañadora:



Noraboa a tod@s, sodes uns artistas!! Esperamos que desfrutedes dos vosos obsequios e que poñades en práctica con eles as voses dotes artísticas!  



                                                   


      A continuación, chegou un momento algo triste, a despedida dos maiores do cole, os de 6º de EP que nos deixan para iniciar unha nova etapa no instituto. 
Desexámosvos o mellor!! que comecedes con bo pe e con sentidiño e que nunca esquezades que sodes nen@s do cole de Peisaco, este sempre será o voso cole, encantado de recibir as vosas visitas.

Ata sempre... 
Ainhoa, Ana, Claudia, Gabriel, Inés, Naiara, Natalia, Pablo G., 
Pablo L., Sofía, Uxía, Xaquín, Yaiza e Yerai!!!







     Despois de todos estes actos a primeira hora, chegou o que en realidade todos os peques e non tan peques estaban esperando... OS XOGOS!!! Imposible resumir con palabras, mellor vendo as seguintes imaxes...







miércoles, 22 de junio de 2016

Escenificación de 3º de EP: CARAPUCHIÑA.

Ademais tamén desfrutamos da representación de “Carapuchiña” que fixeron @s nen@s de 3º de EP, que risas botamos!







martes, 21 de junio de 2016

Presentación de 4 anos: AS ABELLAS.


      Onte foi o “O corpo humano”, hoxe, da man dos nenos de 5º de Infantil, aprendemos moitas cousas sobre “AS ABELLAS”: as partes do seu corpo, tipos de abellas, onde viven, o que producen, etc.

Moitas mamás e papás xa os víchedes o venres pasado, pero nós quedamos coas ganas, así que no tempo de ler, están a facer “pases” especiais para que desfrutemos tod@s”










Presentación de 5 anos: O CORPO HUMANO.


Este luns na biblioteca @s nen@s de 5 anos deleitáronnos cunha exposición sobre o que estiveron traballando estes meses: O CORPO. 
Faláronnos dun montón de cousas: dos sentidos, das diferenzas entre nenas e nenos, do sistema respiratorio, do dixestivo, dos ósos... Canto aprendemos deles!
Xa sabiamos que lían xenial pero quedamos abradiados pola súa capacidade memorística, preparádevos Primaria que os que se estrenan no edificio amarelo prometen!




viernes, 3 de junio de 2016

Quendas na Carreira Solidaria e imaxes


Información:


Debido á poeira que se levantará corredor tras corredor ao longo da mañá, decidimos celebrar a actividade dentro do pavillón, á sombra, sen po e cunhas boas gradas para que disfrutedes da carreira.

Non podemos asegurar a hora na que correrá cada grupo, estimamos uns 30 minutos por cada parella de cursos, pero dependerá moito da súa resistencia.

O que é seguro é que ás 10:15h empezamoooosss!!! 

  • Comeza correndo de Educación Primaria, contan as súas voltas @s alumn@s de , quenes, invertindo os papeis, correrán de seguido.


  • Son as 10:40h, @s alumn@s de 4º están quentando porque o grupo anterior está rematando. Ao rematar 4º de correr, será  quen se esforce e intente dar o maior número de voltas. Preparados?

Listos... XA!!! Veñaaaa!


  • E pasiño a pasiño, máis ben, zancada a zancada, casi correu a metade do centro. Son as 11:30, en breve sale  á pista, e despois, , a dar o mellor de cada un. Ánimo!!!

  • E por último, os máis pequenos do cole!! Son as 12:15h, de seguido chega a quenda de Infantil, levan días preparándose, será un gran broche final para esta carreira, non van defraudar!


Esperamos que vos gustara!!!! Gracias aos espectadores, polos ánimos, os que non puidestes asistir, non vos preocupar, aquí tedes un video onde recollemos as mellores imaxes da xornada.





Agardamos os vosos comentarios!


        E tras o reconto da Carreira Solidaria aquí tedes os datos: déronse un total de 2750 voltas, cada patrocinador pagou o que estimou por cada unha delas, así que en total recaudáronse 1248'50€, moitísimas grazas a tod@s pola vosa colaboración, foi un traballo exclusivamente voso! Sen @s nen@s que correron, os patrocinadores, e o profe Fran, que se encargou de organizar todo, esta carreira non houbera tido este éxito.
        Informarvos tamén de que se decidira repartir os cartos entre a entidade de "Save the children" e a "Asociación Española Contra el Cáncer" polo que cada organización recibirá a metade do recaudado.