jueves, 30 de junio de 2016

PECHADO POR VACACIÓNS


30 de xuño de 2016
podemos dar por rematado oficialmente o curso 2015/2016.


Esta entrada será a última do blog neste curso, oooohh... 
Pero non lle perdades a pista!



      O blog deu o seu traballiño, non o imos negar, pero pensamos que os resultados valeron a pena. Todo o que colgamos só foi unha pequena mostra do que fomos facendo ao longo do curso, pero houbo moito máis! Esperamos que desfrutarades lendo e vendo o que publicamos tanto coma nós preparándoo. Podedes crer que o fixemos con moito cariño... dende a preparación das actividades no cole como as fotografías tomadas, pasando pola súa selección e montaxe ata chegar ao que podedes ver nas vosas casas.

Só vos facemos unha única petición... Encantaríanos que fixerades comentarios no blog pois sírvennos de aliciente para continuar e saber que ao outro lado hai xente que lle interesa o que facemos, mellor dito, o que fan @s seus fill@s, así que animádevos a comentar!


@s mestr@s do CEIP Alfredo Brañas deséxavos que disfrutedes do verán!!





      

No hay comentarios:

Publicar un comentario