sábado, 5 de octubre de 2019

RUTA CULTURAL MURCIA E ANDALUCÍA


Partimos o sábado 5 de outubre do 2019 hacia Murcia co alumnado do sexto curso de primaria para participar nas rutas culturais organizadas polo MEC





Primeiro destino, Castilla la Mancha

Parada para coller folgos...Vega de Valcarce....xa fora de Galicia.. Morriña? Ainda é cedo
Famiña....  hay que solucionalo en Benavente
É por hoxe xa estivo ben. .. chegamos ao albergue ..... so temos un problema.... estivemos agardando e as camas  non se fixeron soas.... toca traballar



DÍA 2

Amaneceu temprano.... as 8 en pe  para o almorzo e paseo matutino ata un observatorio de aves en Pedro Muñoz

Por fin chegamos a Cartagena cos nosos novos amigos de Quintanar de la Orden, hotel, ducha e a coñecer aos monitores que nos explicarán as actividades que faremos.
Como por exemplo.... un divertido xogo para comenzar "Evolución " de ovo.... a robot pasando por pito, mono e persoa


DÍA 3
Tras un bo almorzo poñemos rumbo a Murcia que nos recibe cunha bonita cancion mentres vamos no bus.... murcianito style .

Para comezar  temos un taller de teatro no centro Parraga


Tras uns divertidos xogos de quecemento...pasamos a representar as nosas humildes obras inspiradas en imáxenes de obras de artistas murcianos

Logo toca coñecer Murcia,  o seu palacio episcopal,  catedral e casco antiguo


Xa pola tarde,  visita ao  Parque minero de la Unión




Para visitar logo Cartagena, a sua historia e principais elementos como o concello e a Calle Mayor


DÍA 4
Amenceu en Cartagena e tras un tranquilo almorzo  (quen non durme de noite durme de dia....) partimos a visitar o teatro romano  e o museo naval


Finalmente non puidemos entrar a ver o submarino de Isaac Peral  (os submarinos non aguantan ben as xornadas de portas abertas...). Así que marchamos para Almería.  Próxima estación: Cabo de Gata

Tras un par de horas de escoitar boa música e a Rosalía chegamos, comida e a visitar o Cabo de Gata... hai flamencos!  E agora sabemos porque son rosas.. 

Un xogo de pistas axúdanos a coñecer mellor a flora local

Para finalizar o día.... cena e xogo  de Trivial para ver quen aprendeu mais este dia.

Finalistas Hugo e Lucas..... E o campión foi.... LUCAS!!!!
O gañador obtivo unha edición do libro..."El verano que nos comimos la luna " de Marisa López Soria



DÍA...?¡!¡!??
Tras levantarse ás 6.45 xa non sabemos nin que día é 😨. ..Non todo ían ser días de viño e rosas  (e nin viño hai). Despois de poñer as beirarrúas partimos a El Ejido a traballar nos  invernadoiros Clisol ..  🙈 o día mellora por momentos.  Todas e todos queremos moito a mamá a papá agora mesmo. 


Xa casi está o traballo feito..poñemos sobres antiiantiinsectos.... quen nos ía dicir que as arañas que tanto teme Berta sirven para controlar as plagas 


E despois de traballar.... a papar.  A terra para quen a traballa! 


Xa coas hortalizas partimos hacia Tropolis na comarca de Guadix para visitar o museo as covas e... facelo pan.👅 agora si que da gusto 



Pola tarde toca obradoiro de oleiría con Pepe Balboa e visita a una casa cova 




Chegada ao hotel  cena e nova edición de trivial! 
Nesta ocasión ningún dos nosos participantes obtivo a victoria nun duro concurso, resultando gañador
a nosa nova amiga Sandra que obtivo un precioso libro de poesia de Lorca. Parabéns! 



Por fin nos erguemos en horario mais normal dispostos a disfrutar do segundo monumento mái visitado do noso país,  a Alhambra 




Logo visitamos o casco antigo de Granada e as suas tendas de artesanía e o barrio do Albaicín ...quen sabe quizáis algún afortunado/a reciba un regalo de aquí...(ups....spoiler...borrar,borrar,borrar)







Xa pola tarde chegamos ao museo das ciencias de Granada








Buf.... horas pasamos aquí ben entretenidos... é que hai de todo!!! Ata un planetario

E para acabar o día....Trivial.  Ahí están os candidatos 

De novo quedamos fora as primeiras de cambio e campiona....
CLAUDIA 

DÍA 7: Málaga

Partimos as 9.30 cara Málaga,  que vemos aos nosos pes


E chegamos ao Museo  centro Pompidou


Xa pola tarde despois después de comer na universidade ( como uns universitarios máis). Visitamos o museo interactivo da música  MIN


Paseo por Málaga teñen Alcazaba, teatro romano, catedral....


.... e  ao albergue en Torremolinos
Alí xogamos de novo ao trivial e a nosa conpañeira Lucia  Rodríguez caeu na final ante un magnífico César que gañou merecidamente,  hai que recoñecelo e felicitalo


DÍA 8: DESPEDIDA E PECHE

Poñemos rumbo a Galicia xa sen os nosos monitores Carmen e Miguel  pero ainda con Quintanar o que siempre fai fai a viaxe mais levadeira 
Pero todo (incluso o bó) ten que ter un fin.... dicimos un ata logo e ata sempre as nosas amigas e amigos de Quintanar de la Orden
"1,2,3
3,2,1
Paiosaco y Quintanar 
Siempre juntos"

Comida en Quintanar e parada en El Toboso. Seguindo os pasos de El Quijote e Sancho  a través das suas rúas na chamada ruta literaria que nos leva a coñecer a  igrexa e o convento para chegar finalmente ao albergue a descansar para a longa viaxe de regreso.


PUNTO E FINAL

Morriña?  Toda! 
Madrugamos con gusto e cando ainda estábamos lavando os dentes algúns xa Eva estaba no bus. Poñemos ás 8.29 rumbo a casa. So pedimos que estea unha rica cena lista e a cama preparada
...e por fin, ás 18:00 horas chegamos. 12 grados menos e un orballo nos reciben, pero pouco importa porque estamos na CASA! Por fin na nosa terra galega

FIN
Nooooon, esta viaxe vivirá para sempre con nós e, quen sabe? quizáis volvamos a revivir estes momentos noutra visita a estes lugares ou quizáis.....volveremos atopar aos novos amigos. Ata a próxima!