miércoles, 21 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

En A Laracha, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou xunto aos nosos alumnos e alumnas  de quinto e sexto de primaria na plantación de 25 pradairos e 35 castaños en Carboeiro, na parroquia de Soandres, para conmemorar o Día Internacional dos Bosques.
Tamén tivo lugar unha demostración de uso dos vehículos de extinción.


Ligazón á noticia publicada na Voz de Galicia, edición Carballo:   A Voz de Galicia










lunes, 19 de marzo de 2018

VISITA AOS BOMBEIROS

O 15 de marzo o alumnado de 1º ciclo visita as instalacións do parque de bombeiros de A  Coruña..................aprendemos como é a vida e o traballo dun bombeiro..............duro, pero moi importante e non só para extinguir lumes..............velaquí os nosos pequenos bombeiros en acción......






















jueves, 15 de marzo de 2018

VISITA DE MARÍA CANOSA

O 13 de marzo, visitou o noso centro a  escritora galega de literatura infantil e xuvenil María Canosa para falarnos da súa vida, as súas motivacións como escritora e respostar a todas as nosas preguntas sobre os seus libros que, o alumnado de 3º e 4º de primaria están lendo. Deixamos unha ligazón á wikipedia para que a coñezades mellor tanto a ela como á  súa obra e unhas fotiños de recordo, ata pronto María! segue escribindo así!

      Ligazón:         María Canosa









lunes, 12 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. No Ceip Alfredo Brañas sumámonos con este video: