lunes, 22 de noviembre de 2021

TEATRO LIDO


Participación do grupo de teatro Firucos nunha nova edición do Fiot, Carballo, no certame de teatro lido Xosé Ramón Eiris, coa adaptación da obra Romeo e Xulieta.

 

https://fiot.gal/xx-certame-de-teatro-lido-xose-manuel-eiris/ 

 



 E por fin, despois de un ano de pandemia sen excursións, os nenos e nenas de infantil saímos a explorar a nosa contorna en Gabenlle. Alí paseamos pola carballeira, recollemos follas do outono, fixemos uns murais con elas e sentimos a xeada fría que hai nesta época do ano preto dos ríos...



miércoles, 10 de noviembre de 2021

MAGOSTO 21


De novo imos papar as castañas asadas polo cociñeiro Zalo e aportadas polas familias do noso alumnado e rematar a festa cuns xogos tradicionais preparados polo equipo docente no noso centro.










































lunes, 8 de noviembre de 2021

Refugallo....ou non?

 De noco coa colaboración do Concello de A Laracha, realizamos no noso colexio un obradoiro de refugallo para o noso alumnado de educación infantil

 

 https://www.matracala.es/gl/extraescolares/percusion-con-refugallo/

 

nesta actividade, exploramos distintos instrumentos de percusión (ademais do noso propio corpo) e diferentes ritmos. 

Aprendemos a usar a linguaxe de signos para desenvolver  a capacidade de escoitar ó compañero, a diferenciación, a imitación e o acompañamento.