jueves, 18 de febrero de 2016

ENTROIDO, ENTROIDIÑO, AQUÍ ESTÁN OS MANDADIÑOS



Pasado o día da Paz, chega febreiro e con el o Entroido e antes do festival, ao que estades convidad@s, imos quecendo motores cumprindo os mandadiños.
Aquí están...
LUNS: A semana de Entroido comeza,
trae unha coroa de rei ou raíña na cabeza.

MARTES: conto do Gato con botas lembrarás
e uns bigotes de gato traerás.

MÉRCORES: Soprarei, soprarei e soprarei
e a cara de lobo traerei.

XOVES: Mañá xoves voume despedir
e co disfraz que queirades déxovos vir.

e o VENRES? Pois estas semanas estivemos preparando uns disfraces 
e unhas actuacións moi chulas que esperamos que vos gusten.

Vémonos no Centro Sociocultural de Paiosaco ás 11:30h.


No hay comentarios:

Publicar un comentario