martes, 31 de mayo de 2016

Carrera Solidaria

Estimadas familias:

O vindeiro 3 de xuño celebraremos unha nova edición de Carreira Solidaria en favor da organización "Save the children". Este ano os fondos recadados serán repartidos entre esta entidade para loitar contra a desnutrición infantil e unha organización local, a "Asociación Española Contra el Cáncer" (AECC).

Empezaremos sobre as 10:15h no campo de fútbol do colexio, comezando polo 6º curso de Educación Primaria e progresivamente sairán os cursos inferiores ata chegar ao grupo de 3 anos que será o último en correr.

Estade atentos ao blog, pois iremos informando das horas aproximadas nas que vaia correr cada curso.

Lembrade que os cartos que acheguedes serán por CADA VOLTA AO CIRCUÍTO MARCADA PARA CADA NIVEL e NON por km percorrido. 

Esperamos que veñades animar aos corredor@s!!!!

Recolleremos os cartos ata o 8 de xuño e anunciaremos o resultado tanto no blog como nas portas do colexio.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colabración.




No hay comentarios:

Publicar un comentario