Etiquetas

miércoles, 18 de marzo de 2015

ECLIPSE SOLAR DO 20 DE MARZO

Como ben saberedes, o día 20 de marzo terá lugar un acontecemento importante no noso planeta: un eclipse de Sol que se poderá observar dende Galicia. Para saber un pouco máis acerca deste suceso, dende o grupo de enriquecemento curricular,  Violeta, Manuel e Pablo intentan axudarnos con este vídeo. Estaban un pouco nerviosos, algo comprensible se temos en conta que sabían que ían chegar a centos de espectadores.
Anímadevos a botarlle unha ollada e podedes deixar algún comentario; de seguro lles fará moita ilusión.
Saúdos.



martes, 17 de marzo de 2015

FRASES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (Alumnos/as de 5º e 6º de EP)

Cun pouco de atraso queremos ensinarvos as frases tan bonitas que elaboraron os nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria con motivo do DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, celebrado o 25 de novembro.







martes, 10 de marzo de 2015

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Dende o cole quixemos rendirlle homenaxe a todas esas mulleres traballadoras que fan do mundo un lugar mellor. Na hora de lectura de hoxe, os nenos/as de 4º EP representaron unha pequena obra de teatro e leron unhas poesías relacionadas co tema.







martes, 24 de febrero de 2015

FESTA DO ENTROIDO

O día 13 de febreiro desapareceron do cole os alumnos/as e os mestres/as e chegaron pantasmas, dráculas, bruxas e zombies. A verdad é que todos daban un pouco de medoooooooo!



miércoles, 11 de febrero de 2015

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro con motivo da celebración do día da paz organizamos un montón de actividades no centro. Deixámosvos mostra delo!














lunes, 9 de febrero de 2015

ENTROIDO, ENTROIDIÑO, AQUÍ ESTÁN OS MANDADIÑOS

Xa sabedes que se achega o Entroido e por iso no cole esta semana queremos irnos preparando, para o que cada día da semana debemos de cumprir o mandadiño correspondente. Aquí volos deixamos!

LUNS: Veña, que o Entroido xa empeza, 
            trae algo que asuste na cabeza.

MARTES: Se queres asustar 
algo de sangue na cara
deberás pintar.

MÉRCORES: Do teu pesadelo non espertarás 
e ao colexio en bata virás.

XOVES: Vés de terrorífico total 
xa pos de todo, é Carnaval!


lunes, 24 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Un  25 de novembro de 1960 na República Dominicana, foron asasinadas pola policía segreda do dictador Rafael Trujillo as tres irmás Mirabal, que eran activistas políticas. En 1999 a ONU deu carácter oficial a esta data.
A partir de entón, o 25 de novembro conmemórase o día Internacional contra a violencia de xénero, polo que dende o cole tamén traballaremos sobre este aspecto.