miércoles, 18 de marzo de 2015

ECLIPSE SOLAR DO 20 DE MARZO

Como ben saberedes, o día 20 de marzo terá lugar un acontecemento importante no noso planeta: un eclipse de Sol que se poderá observar dende Galicia. Para saber un pouco máis acerca deste suceso, dende o grupo de enriquecemento curricular,  Violeta, Manuel e Pablo intentan axudarnos con este vídeo. Estaban un pouco nerviosos, algo comprensible se temos en conta que sabían que ían chegar a centos de espectadores.
Anímadevos a botarlle unha ollada e podedes deixar algún comentario; de seguro lles fará moita ilusión.
Saúdos.



2 comentarios: