viernes, 2 de junio de 2023

Excursión Sexto Primaria. Muińo do Pedroso

 Saímos cara Narón con boa cara para pasar a noite en Narón todas e todos xuntos, nos muíños do Pedroso onde pasaremos dous días cheos de actividades, xogos e diversión 








E chegamos por fin, primeira actividade..... facer as camas, que divertido!!!! Vainos levar toda a mañá 





A mestra Sandra xa está lista para pasar a noite 
Pois ao final conseguimolo e xa estamos a picar algo, que xa había fame...



E comeza a diversión, vainos facer boa faltaba ducha despois desta actividade, vaia día de calor 



Toca predeportivos,  xogamos a bases, unha iniciación ao beisbol,  moi divertido 



Trago de auga e xogo de habilidade. Tirachinas xigante e arco











Hora de comer!!!! Ensalada e pasta, boa combinación 


Toca tempo libre e descanso reparador 



E  logo do merecido descanso cun xeado de postre da tenda, retomamos actividade cun divertido xogo de cores.... de cores acabamos nos.


Holy  fest!!!!



Y a lavarse en el túnel de lavado 

E despois dunha boa ducha e dun xogo de probas 






Toca cea e prepararse para a velada nocturna



E chega a verbena para o fin do día, guerra musical 




EXCURSION DIA DOUS

Despois dunha longa noite onde todos durmimos moito e moi ben (versión oficial) 
Pasamos á carpa comedor onde as nosas cariñas  confirman a nosa versión oficial dunha noite tranquila e silenciosa nos bungalows 

Iniciamos a actividade cunha carreira de orientacion, temos unha bruxula para orientarnos e uns acertixos para guíanos. 




E trala froita de media mañá  chega o prato forte....  bueno imos ser nos os pratos, os do tiro ao prato.... xa que nos non deixan facer tiro ao mestre. Partida de Paintball,  xa non temos amigos! Ao ataque!!!!




Prácticas de tiro





 Chega o momento da última cen...... comida no cámping todos xuntos




Despedida e peche,  o luns voltamos á realidade da escola e os exames aínda que o martes..... imos facer surf, pero eso xa será outro post..... 

Marcho que teño marchar
Mama, papá,  videme buscar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario