sábado, 19 de marzo de 2016

Teatro na biblioteca

Hoxe na biblioteca @s de 6º fixeron unha obra de teatro dirixida pola súa titora Ana.
Condensaron 100 anos de historia en 10 minutos de actuación! Dende Carlos IV ata chegar a Alfonso XIII pasando por Napoleón Bonaparte, Fernando VII, D. Carlos Mª Isidro e Isabel II. Foi xenial!!


Aquí tedes unhas imaxes de como aconteceu…




E por outra banda, aínda que estamos ledos por acabar o trimestre e empezar as vacacións, tamén nos sentimos apenad@s pois precisamente a mestra Ana marcha do noso cole, pero non a esqueceremos.

Moitas grazas por estes meses, por ser boa mestra e boa compañeira. Esperamos que teñas moita sorte! Ven de visita cando queiras!









E á volta recibiremos encantad@s a Marisol, xa recuperada!









No hay comentarios:

Publicar un comentario