O Día Internacional das Persoas con Discapacidade conmemórase cada 3 de decembro para promover o liderado e a súa participación activa na sociedade, á vez que se reivindica o traballo desenvolvido tanto polas persoas con discapacidade como polas organizacións que as representan para impulsar cambios clave na comunidade. Así, recoñécese a promoción dos seus dereitos e o seu benestar e a súa contribución ao fomento dun desenvolvemento inclusivo.
Calcúlase que unha de cada seis persoas no mundo, arredor de 1.300 millóns, sofre unha discapacidade importante, cunha esperanza de vida que pode chegar a ser ata 20 anos menor que a das persoas sen discapacidade. Ademais, son máis propensas a desenvolver afeccións como a asma, a obesidade o un ictus, así como outras de saúde mental como a depresión.
Por todo isto, o noso colexio aporta o seu gran de area cunhas lecturas que nos explican en que consisten as distintas discapacidades
No hay comentarios:
Publicar un comentario