VISITA DE MARÍA CANOSA
O 13 de marzo, visitou o noso centro a escritora galega de literatura infantil e xuvenil María Canosa para falarnos da súa vida, as súas motivacións como escritora e respostar a todas as nosas preguntas sobre os seus libros que, o alumnado de 3º e 4º de primaria están lendo. Deixamos unha ligazón á wikipedia para que a coñezades mellor tanto a ela como á súa obra e unhas fotiños de recordo, ata pronto María! segue escribindo así!
Ligazón: María Canosa
No hay comentarios:
Publicar un comentario