Mañá é día 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre
o Autismo, nós celebrámolo hoxe no cole.
Para conmemorar este día vimos a seguinte curta: “El viaje de María”:
Sobran as palabras e os
comentarios pois o video explica a través de imaxes moi sinxelas pero
significativas a entrañable historia desta nena con Autismo e cales son as
dificultades coas que vive tanto ela como os seus familiares. Ademais, a historia
explica o xeito de entender e funcionar dunha persoa Autista.
Se vos quedastes con ganas de
máis podedes ver o documental completo aquí:
A continuación, os nenos/as de 2º de EP, da man da mestra
de Pedagoxía Terapéutica, elaboraron unhas frases nas que nos trasmitiron que
nos pediría un neno autista, baseadas nos principios clave que propón Angel Rivière, experto na materia e autor de referencia. Podedes consultar estes principios aquí: http://vinculoatenciontemprana.blogspot.com.es/2012/09/que-nos-pediria-un-autista-los-20.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario