Pasado o día da Paz, chega febreiro e con el o Entroido e antes do festival, ao que estades convidad@s, imos quecendo motores cumprindo os mandadiños.
Aquí están...
LUNS: A semana de Entroido comeza,
trae unha coroa de rei ou raíña na cabeza.
MARTES: O conto do Gato con botas lembrarás
e uns bigotes de gato traerás.
MÉRCORES: Soprarei, soprarei e soprarei
e a cara de lobo traerei.
XOVES: Mañá xoves voume despedir
e co disfraz que queirades déxovos vir.
e o VENRES? Pois estas semanas estivemos preparando uns disfraces
e unhas actuacións moi chulas que esperamos que vos gusten.
Vémonos no Centro Sociocultural de Paiosaco ás 11:30h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario