Hoxe celebramos no cole o día do nacemento desta gran escritora galega.
Etiquetas
- 1º CICLO (11)
- 2020 (1)
- 2020. twist (1)
- 2º CICLO (11)
- 3º CICLO (26)
- ALUMNOS/AS (28)
- CELEBRACIÓNS (94)
- COMP. LECTORA (11)
- EDUCACIÓN INFANTIL (26)
- esqueleto (1)
- fin de curso (4)
- Nadal (4)
jueves, 25 de febrero de 2016
martes, 23 de febrero de 2016
Festival de Entroido!
Dedicamos moito tempo á elaboración dos disfraces así como a ensaiar as cancións e os bailes, esperamos que disfrutarades do
festival, porque nós moito!
E como unha imaxe vale más que
mil palabras, aquí tedes unhas cantas…
E, sen desmerecer a ninguén, queremos
amosarvos a actuación estelar dos maiores do cole! Que talento! Abraiados
quedamos todos…
sábado, 20 de febrero de 2016
jueves, 18 de febrero de 2016
ENTROIDO, ENTROIDIÑO, AQUÍ ESTÁN OS MANDADIÑOS
Pasado o día da Paz, chega febreiro e con el o Entroido e antes do festival, ao que estades convidad@s, imos quecendo motores cumprindo os mandadiños.
Aquí están...
LUNS: A semana de Entroido comeza,
trae unha coroa de rei ou raíña na cabeza.
MARTES: O conto do Gato con botas lembrarás
e uns bigotes de gato traerás.
MÉRCORES: Soprarei, soprarei e soprarei
e a cara de lobo traerei.
XOVES: Mañá xoves voume despedir
e co disfraz que queirades déxovos vir.
e o VENRES? Pois estas semanas estivemos preparando uns disfraces
e unhas actuacións moi chulas que esperamos que vos gusten.
Vémonos no Centro Sociocultural de Paiosaco ás 11:30h.
Día da PAZ.
Chega un dos días máis bonitos do ano, o
da PAZ!!
Entre todos fixemos unha pomba ben
grande chea de pequenas pombiñas decoradas con debuxos e mensaxes de Paz…
E para celebrar este gran día os alumnos/as de 4º, da man
do seu mestre de lingua, Rubén,
interpretaron un conto: “Osos de granxa”, que ben caracterizados ían!
Os
mestres tamén se animaron a escenificar o conto de “O regalo” e por último,
Pedro, o mestre de inglés, preparou ao curso de 6º para interpretar a canción “Heal the world” de M. Jackson.
Homenaxe a “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas.
Volvemos
das vacacións con enerxías renovadas para empezar o ano con forza e iniciamos
o trimestre cunha conmemoración.
O pasado día 5 de xaneiro celebrouse o
55º aniversario desta novela e os alumnos e alumnas de 2º, da man da mestra
Sara, quixeron rendirlle unha pequena homenaxe, tanto á novela como ao seu autor
recentemente falecido.
Os rapaces leron unha pequena parte da
obra e fixeron uns debuxos.
Saída ao teatro
Estamos rematando este primeiro trimestre...
Esta última semana de decembro fomos ao teatro na Laracha. Os máis pequenos do cole viron: "Rosa caramelo" e os maiores: "Sopa de sapo".
Esta última semana de decembro fomos ao teatro na Laracha. Os máis pequenos do cole viron: "Rosa caramelo" e os maiores: "Sopa de sapo".
Pero casi poderiamos dicir que o máis
sorprendente foi ver a Papá Noel á saída preguntando qué lle pedíamos e
dándonos uns caramelos.
As caras dos máis peques dicíanno todo, aquí tedes a mostra…
E así despedimos este trimestre, familias.
O último día facemos unha saída ao cine, imos ver “El
viaje de Arlo”, á volta tomaremos unha chocolatada no centro á que estades convidad@s!
A todos vos desexamos que
pasedes unas boas festas, vémonos o 7 de xaneiro!
Concurso de postais
Como todos os decembros organizamos no
centro un concurso de postais de Nadal. Participaron todos os nenos e nenas do
cole pero lamentablemente só poden gañar 3.
Por outra banda, o Concello da Laracha tamén convocou os concursos de Nadal no que participaron todos os alumnas/as dos centros escolares do municipio.
O alumnado premiado do noso cole foi:
Concurso de postais:
Educación Infantil, dous premios por nivel e de carácter colectivo:
- 4º curso: 1º premio.
- 6º curso: 1º premio.
Educación Primaria:
- Primeiro ciclo: 2º premio a Rubén Brandón Señarís (1º de EP).
- Segundo ciclo: 3º premio a Abel Ponte Castiñeiras (4º de EP).
Educación Primaria:
- Primeiro ciclo: 2º premio a Rubén Brandón Señarís (1º de EP).
- Segundo ciclo: 3º premio a Abel Ponte Castiñeiras (4º de EP).
Concurso de conto:
- 1º premio: Sofía Alonso Mesías (6º de EP) por "A maxia do Nadal".
- 3º premio: Ana García Álvarez (6º de EP) por "El gran viaje de Carla".
- 3º premio: Ana García Álvarez (6º de EP) por "El gran viaje de Carla".
NORABOA a TOD@S!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)