No tempo de lectura reunimonos na biblioteca para asistir a lectura dun conto por parte dunhas compañeiras e compañeiros de cuarto de primaria: Daniela,, Jairo e Roi
Nesta ocasión son Zaira, Carla y Claudia con Hansel e Gretel
Etiquetas
- 1º CICLO (11)
- 2020 (1)
- 2º CICLO (12)
- 3º CICLO (31)
- ALUMNOS/AS (28)
- CELEBRACIÓNS (117)
- COMP. LECTORA (11)
- EDUCACIÓN INFANTIL (27)
- Entroido (1)
- fin de curso (4)
- Nadal (4)
miércoles, 20 de noviembre de 2019
jueves, 7 de noviembre de 2019
miércoles, 6 de noviembre de 2019
BIBLIOTECA 2019-2020
Inauguramos a biblioteca. Este ano a Firuca déuselle pola arte así que imos a prender moito dos principais artistas do noso planeta
OLEIRIA
Aprendemos no noso colexio un oficio novo............. un obradoiro de oleiria co que dar realidade aos nosos soños................(en barro)
LIMPEZA PRAIA CAION
O noso voluntarioso, traballador e comprometido alumnado de treceiro ciclo achegouse ata a nosa preciosa, linda e....sucia praia de Caión para proceder á sua limpeza para uso e disfrute de todos
Ligazón a tódalas fotos
Ligazón a tódalas fotos
martes, 5 de noviembre de 2019
SAMAIN MAGOSTO 2019
Un año máis chega o samaín.... Os mestres, o colexio, o alumnado.... mesmo Firuca transfórmase...... para evitar pasar medo queimamos os nosos temores e comemos moitas castañas
Deixamos aqui in vídeo coas mellores imaxes do acontecido e a explicación de tanta diversión!
O día comeza coa queima dos nosos medos para poder entrar no terrorificamente terrorífico túnel do terror......................ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!!!!!!!!!!!
Entrega de premios para as cabazas mais orixinais, terroríficas e divertidas do noso concurso anual...
E por fin.............. as castañas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Deixamos aqui in vídeo coas mellores imaxes do acontecido e a explicación de tanta diversión!
O día comeza coa queima dos nosos medos para poder entrar no terrorificamente terrorífico túnel do terror......................ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!!!!!!!!!!!
Entrega de premios para as cabazas mais orixinais, terroríficas e divertidas do noso concurso anual...
E por fin.............. as castañas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
sábado, 5 de octubre de 2019
RUTA CULTURAL MURCIA E ANDALUCÍA
Partimos o sábado 5 de outubre do 2019 hacia Murcia co alumnado do sexto curso de primaria para participar nas rutas culturais organizadas polo MEC
Primeiro destino, Castilla la Mancha
Parada para coller folgos...Vega de Valcarce....xa fora de Galicia.. Morriña? Ainda é cedo
Famiña.... hay que solucionalo en Benavente
É por hoxe xa estivo ben. .. chegamos ao albergue ..... so temos un problema.... estivemos agardando e as camas non se fixeron soas.... toca traballar
DÍA 2
Amaneceu temprano.... as 8 en pe para o almorzo e paseo matutino ata un observatorio de aves en Pedro Muñoz
Por fin chegamos a Cartagena cos nosos novos amigos de Quintanar de la Orden, hotel, ducha e a coñecer aos monitores que nos explicarán as actividades que faremos.
Como por exemplo.... un divertido xogo para comenzar "Evolución " de ovo.... a robot pasando por pito, mono e persoa
DÍA 3
Tras un bo almorzo poñemos rumbo a Murcia que nos recibe cunha bonita cancion mentres vamos no bus.... murcianito style .
Para comezar temos un taller de teatro no centro Parraga
Tras uns divertidos xogos de quecemento...pasamos a representar as nosas humildes obras inspiradas en imáxenes de obras de artistas murcianos
Logo toca coñecer Murcia, o seu palacio episcopal, catedral e casco antiguo
Xa pola tarde, visita ao Parque minero de la Unión
Para visitar logo Cartagena, a sua historia e principais elementos como o concello e a Calle Mayor
DÍA 4
Amenceu en Cartagena e tras un tranquilo almorzo (quen non durme de noite durme de dia....) partimos a visitar o teatro romano e o museo naval
Finalmente non puidemos entrar a ver o submarino de Isaac Peral (os submarinos non aguantan ben as xornadas de portas abertas...). Así que marchamos para Almería. Próxima estación: Cabo de Gata
Tras un par de horas de escoitar boa música e a Rosalía chegamos, comida e a visitar o Cabo de Gata... hai flamencos! E agora sabemos porque son rosas..
Un xogo de pistas axúdanos a coñecer mellor a flora local
Para finalizar o día.... cena e xogo de Trivial para ver quen aprendeu mais este dia.
Finalistas Hugo e Lucas..... E o campión foi.... LUCAS!!!!
O gañador obtivo unha edición do libro..."El verano que nos comimos la luna " de Marisa López Soria
DÍA...?¡!¡!??
Tras levantarse ás 6.45 xa non sabemos nin que día é 😨. ..Non todo ían ser días de viño e rosas (e nin viño hai). Despois de poñer as beirarrúas partimos a El Ejido a traballar nos invernadoiros Clisol .. 🙈 o día mellora por momentos. Todas e todos queremos moito a mamá a papá agora mesmo.
Xa casi está o traballo feito..poñemos sobres antiiantiinsectos.... quen nos ía dicir que as arañas que tanto teme Berta sirven para controlar as plagas
E despois de traballar.... a papar. A terra para quen a traballa!
Xa coas hortalizas partimos hacia Tropolis na comarca de Guadix para visitar o museo as covas e... facelo pan.👅 agora si que da gusto
Pola tarde toca obradoiro de oleiría con Pepe Balboa e visita a una casa cova
Chegada ao hotel cena e nova edición de trivial!
Nesta ocasión ningún dos nosos participantes obtivo a victoria nun duro concurso, resultando gañador
a nosa nova amiga Sandra que obtivo un precioso libro de poesia de Lorca. Parabéns!
DÍA 6, Granááá tierra soñááá
Por fin nos erguemos en horario mais normal dispostos a disfrutar do segundo monumento mái visitado do noso país, a Alhambra
Logo visitamos o casco antigo de Granada e as suas tendas de artesanía e o barrio do Albaicín ...quen sabe quizáis algún afortunado/a reciba un regalo de aquí...(ups....spoiler...borrar,borrar,borrar)
Xa pola tarde chegamos ao museo das ciencias de Granada
Buf.... horas pasamos aquí ben entretenidos... é que hai de todo!!! Ata un planetario
E para acabar o día....Trivial. Ahí están os candidatos
De novo quedamos fora as primeiras de cambio e campiona....
CLAUDIA
Recibe o libro "CUENTOS DE LA ALHAMBRA" de Washington Irving
DÍA 7: Málaga
Partimos as 9.30 cara Málaga, que vemos aos nosos pes
E chegamos ao Museo centro Pompidou
Xa pola tarde despois después de comer na universidade ( como uns universitarios máis). Visitamos o museo interactivo da música MIN
Paseo por Málaga teñen Alcazaba, teatro romano, catedral....
.... e ao albergue en Torremolinos
Alí xogamos de novo ao trivial e a nosa conpañeira Lucia Rodríguez caeu na final ante un magnífico César que gañou merecidamente, hai que recoñecelo e felicitalo
DÍA 8: DESPEDIDA E PECHE
Poñemos rumbo a Galicia xa sen os nosos monitores Carmen e Miguel pero ainda con Quintanar o que siempre fai fai a viaxe mais levadeira
Pero todo (incluso o bó) ten que ter un fin.... dicimos un ata logo e ata sempre as nosas amigas e amigos de Quintanar de la Orden
"1,2,3
3,2,1
Paiosaco y Quintanar
Siempre juntos"
Comida en Quintanar e parada en El Toboso. Seguindo os pasos de El Quijote e Sancho a través das suas rúas na chamada ruta literaria que nos leva a coñecer a igrexa e o convento para chegar finalmente ao albergue a descansar para a longa viaxe de regreso.
PUNTO E FINAL
Morriña? Toda!
Madrugamos con gusto e cando ainda estábamos lavando os dentes algúns xa Eva estaba no bus. Poñemos ás 8.29 rumbo a casa. So pedimos que estea unha rica cena lista e a cama preparada
...e por fin, ás 18:00 horas chegamos. 12 grados menos e un orballo nos reciben, pero pouco importa porque estamos na CASA! Por fin na nosa terra galega
FIN
Nooooon, esta viaxe vivirá para sempre con nós e, quen sabe? quizáis volvamos a revivir estes momentos noutra visita a estes lugares ou quizáis.....volveremos atopar aos novos amigos. Ata a próxima!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























































































