Etiquetas

lunes, 22 de noviembre de 2021

 E por fin, despois de un ano de pandemia sen excursións, os nenos e nenas de infantil saímos a explorar a nosa contorna en Gabenlle. Alí paseamos pola carballeira, recollemos follas do outono, fixemos uns murais con elas e sentimos a xeada fría que hai nesta época do ano preto dos ríos...



miércoles, 10 de noviembre de 2021

MAGOSTO 21


De novo imos papar as castañas asadas polo cociñeiro Zalo e aportadas polas familias do noso alumnado e rematar a festa cuns xogos tradicionais preparados polo equipo docente no noso centro.










































lunes, 8 de noviembre de 2021

Refugallo....ou non?

 De noco coa colaboración do Concello de A Laracha, realizamos no noso colexio un obradoiro de refugallo para o noso alumnado de educación infantil

 

 https://www.matracala.es/gl/extraescolares/percusion-con-refugallo/

 

nesta actividade, exploramos distintos instrumentos de percusión (ademais do noso propio corpo) e diferentes ritmos. 

Aprendemos a usar a linguaxe de signos para desenvolver  a capacidade de escoitar ó compañero, a diferenciación, a imitación e o acompañamento. 

 


 








 












viernes, 29 de octubre de 2021

DÍA DA BIBLIOTECA 2021

 O 24 de Outubro se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares 2021,  compartimos con vós esta ligazón ao blogue da biblioteca do ceip alfredo brañas 


Día das Bibliotecas Escolares 2021 - Proxecto “FIRUCA E A CONTORNA”

Samain 21

 Horror terror e furor!

A nosa biblioteca apareceu poseida por todo tipo de cousas terrorífica! Monstros! Cabazas! Arañas! A directora!

Que medo todo..... e ninguén sabía nada!!!!Sorpresa total, nunca pasara que unha biblioteca dera máis medo que un exame....


Velaquí a entrada...... se te atreves


Un vídeo recopilatorio dalgunhas fotos e de cabazas terroríficas..............





E............ uns valentes de educación infantil que se atreveron a entrar............ sairían?



martes, 26 de octubre de 2021

ABELLAS NO COLEXIO!

 Recibimos a visita dun apicultor que nos vai ensinar porque son tan importantes as abellas, como traballar con elas e comprender como viven nunha colmena.

 

Para a realización desta actividade contamos coa colaboración co Concello de A Laracha! 

 

Velaquí uns vídeos e fotiñas 

 


 
















LIMPEZA PRAIA DE CAIÓN

 O noso alumnado, sempre comprometido co medio ambiente e coa súa contorna, acoda á praia de Caión para deixala limpa de todo o lixo que, por desgraza chega e seguirá chegando as nosas costas, pero..... sempre estaremos ahí para combatilo xa qeu xuntos....podemos

 

Os centros escolares da Laracha limparán a praia de Caión 

 

LIMPEZA COLECTIVA DA PRAIA DE CAIÓN