Etiquetas

jueves, 9 de mayo de 2019

EXCURSIÓN: BONILLA A LA VISTA

O alumnado de 2o ciclo desplazouse ata a fábrica de Bonilla a la vista para ver en directo o proceso de fabricación e o traballo en cadea dunha fábrica. 











miércoles, 8 de mayo de 2019

CIENCIA E ENERXÍA

O alumnado de terceiro ciclo desplazouse ao centro civicocultural de Arteixo para asistir a unha charla sobre a enerxía e ver unhas cantas demostracións de ciencia e enerxía:

A Semana da Ciencia e a Enerxía de Repsol  visitará Arteixo do 6 ao 9 de maio. A refinería e Fundación Repsol en colaboración co Concello de Arteixo ofertan para estes tres días máis talleres e shows científicos dirixidos aos estudantes do municipio

https://elnoticierodearteixo.com/not/35816/repsol-y-su-fundacion-acercan-la-ciencia-y-la-energia-a-mas-de-800-escolares-en-arteixo/






E finalizado cunhos xogos sobre gases, coches e contaminación

viernes, 3 de mayo de 2019

CUMPLE DE LUIS (6º INFANTIL)

FELICIDADES LUIS!

Na clase de 6º de Infantil, comezamos este mes de maio con ganas de festa! 
Celebramos o cumple do noso amigo Luis, que xa cumpliu 6 anos!
Elexiu a cor verde para a súa coroa e estaba guapísimo con ela!
Ademais convidounos a merendar un biscoito delicioso, estaba tan rico que non deixamos nin as migas!

Moitas grazas!
Agardamos que pasaras un feliz día Luis!






jueves, 2 de mayo de 2019

CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO!

Para conmemorar o Día do Libro, os nenos e nenas de 6º de Infanfil eloboramos o noso propio libro a partir de un conto que nos encanta: "O Peixe Arco Iris".
Cada nen@ encargouse de escribir un trociño de texto e facer unha ilustración, este foi o resultado!















Entre todos fixemos tamén un peixe Arco Iris xigante!














Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil, reproducimos cada un de nós o conto que máis nos gusta. Aquí tedes unha mostra do noso divertido mural!!!