Etiquetas

lunes, 6 de noviembre de 2017

FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO 17/18

Celebramos a festa do Samaín cunha nova edición do noso túnel do terror.........berros, choros e risas garantizados!
Seguido da queima dos nosos medos, a entrega de premios ás cabazas máis terroríficas, orixinais e espaciais e unha degustación das exquisitas castañas!
Tivemos tamén  a ocasión de desfrutar dunha exhibición do xogo da billarda, moi interesante pero..........parece moi difícil!



Comezamos nos días previos preparando papeis con nosos medos para queimar nun lume purificador...





Ademais, o alumnado de 6º (de valores sociais) celebrando o samain cos alumnos de infantil e 1º e 2º , representando  a obra:  “Carabuñas , o que non cortaba a s uñas” . Fixerono, como podedes ver  na foto, usando as tecnicas do teatro negro de Praga.




Logo, deixando atrás os nosos medos, os que se atreveron, entraron no....Túnel do terror!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!












Pasamos a queimar os nosos medos...................coidado co lume, non nos queimemos nós!!!!!




Tanto medo da fame, asi que.veñan esa castañas Gonzalo!










E por último, que mellor que gozar dunha exhición de billarda...



INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA, CURSO 17/18

O 24 de Outubro, tivo lugar a apertura da biblioteca do Ceip Alfredo Brañas para este curso 17/18 no que Firuca, despois do seu paseo pola historia do pasado curso, afronta agora unha nova e emocionante aventura........a conquista de espacio!

Este curso aprenderemos sobre o universo e viaxaremos.......ata o infinito e máis alá!









martes, 31 de octubre de 2017

VISITA AO PARLAMENTO GALEGO

O alumnado de 5º e 6º de primaria viaxou o 16 de Outubro en tren ata Santiago para visitar o Parlamento galego e aprender un pouco de como se decide o futuro da nosa comunidade.













jueves, 14 de septiembre de 2017

Save the children

Como ven sendo habitual nos ultimos anos, o noso centro colabora coa Fundaciön Save the children a través da actividade KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE na que foi xa a súa décimo terceira edición, recibimos o diploma acreditativo xunto cunha carta de agradecemento polos 1.470,83 euros que entre todos recadamos e animándonos a seguir así

Noraboa a tódalas persoas implicadas!




lunes, 24 de julio de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO

Para rematar o curso, os alumnos de educación infantil e os de 5º de primaria deleitáronnos cunhas actuacións moi divertidas, quedan neste blog para non olvidalas


Ligazóns aos vídeos:


Actuación Infantil, 4 anos 

Baile infantil 3 e 5 anos

Telexornal ningunha edición. 1º parte


Telexornal ningunha edición. 2º parte


Canción 6º


lunes, 17 de julio de 2017

DESPEDIDA 6º PRIMARIA

O curso rematou para todos nos e xa estamos esperando a vernos novamente o vindeiro curso, aínda que, para unhos cantos, o final de curso suporá o inicio dunha nova aventura, pero esta vez no instituto............foron moitos anos de alegrías, aprendizaxe e.crecemento! como podedes apreciar neste vídeo de despedida, de..........ata sempre sexto!

Ligazón:           vídeo despedida 6º

lunes, 10 de julio de 2017

A PREHISTORIA. PROXECTO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ao longo deste curso, o alumnado de educación infantil traballou e estudou a nosa prehistoria dentro do proxecto común do centro para o curso 2016/17, velaquí  un vídeo explicativo con tooooooooodo o que aprenderon as nosas alumnas e alumnos.

Ligazóns aos vídeos:        a prehistoria

                                          PREHISTORIA