Etiquetas

jueves, 18 de febrero de 2016

25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero





Como podedes ler, celebrouse no noso centro a Festa da igualdade organizada polo Concello da Laracha, á que viñeron os alumos/as dos coles da zona para participar nas actividades.

Fixemos un montón de cousas relacionadas, entre outras, coas tarefas domésticas como cambiar cueiros, tender roupa, facer a cama… Mellor que o vexades….






Ata, finalizado xaneiro, haberá un obradoiro impartido polos técnicos do concello que se celebrará os mércores cos cursos de 4º, 5º e 6º nos que se traballarán valores como o respecto, a empatía, o diálogo, a convivencia, a resolución de conflictos, etc. Esperemos que calen nos nosos rapaces/as.



miércoles, 17 de febrero de 2016

Visita dos gaiteiros.

Tamén neste mes de novembro, e seguindo coa tradición e cultura galegas, tivemos unha visita moi animada, viñeron da Asociación Cultural Queiroga a explicarnos como se toca a pandeireta e a gaita, e como non podía ser doutro xeito tocaron e, por suposto, bailamos.

Aquí vos amosamos que guapas viñan Alba e Lucía (de 1º), o que nos aprenderon e como bailamos todos!




Que ben o pasamos!! Para mostra, o seguinte video...






O Magosto!



Ñam, ñam…. Que ricas as castañas!! 
Non puidemos celebrar o Magosto antes por mor do mal tempo pero por fin á volta destes días de descanso puidemos degustar as castañas que fomos traendo estes días ao cole. Convidamos ás familias a comelas con nós, grazas pola visita!


Hai que agradecer a axuda de Gonzalo e José María que foron quenes as asaron, tamén a esas mamás que votaron unha man e aos mestres pola organización.






Chegou o Samaín!!



Ao longo da última semana de outubro os nenos e nenas trouxeron cabazas ao cole para expoñelas polo centro, algunhas eran moi terroríficas! Aquí tedes unha mostra…



                                       



E os rapaces tamén metían medo así disfrazados…





E para culminar esta celebración os mestres/as do cole interpretaron o conto de “La ovejita que vino a cenar” e o “Tío lobo”, e por último vimos a curtametraxe “Alma”.







                         


               

                        

martes, 16 de febrero de 2016

Inauguramos a biblioteca.


O 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas polo que o día anterior inauguramos a biblioteca do noso centro. Limos a carta de benvida de Firuca, que xa estaba aburrida porque ninguén ía pola biblio, e proxectamos a recomendable curtametraxe “The fantastic flying book of Mr. Morris Lessmore” de William Joyce

Este curso, os alumnos e alumnas de 5º e 6º xogamos un papel moi importante pois seremos os encargados, estamos moi orgullosos desta responsabilidade que nos dan!

















Volta ao cole


Tiñamos o blog algo abandonado pero temos todo preparado para ir amosándovos todo o que fixemos ata agora, que non foi pouco!!

Alí por setembro xa tiñamos ganas de comezar as clases, para volver á rutina e sobretodo para encontrarnos cos nosos compañeiros/as. E o inicio non puido ser mellor, cun agasallo!!
      “La Caixa” entregounos 7 tabletas que recollemos, en representación do centro, os alumnos e alumnas de 5º. Moitas grazas!! 
De seguro faremos bo uso delas!

T

viernes, 26 de junio de 2015

PLAN PROXECTA 2014/2015

Estas foron as actividades desenvolvidas ao longo do curso 2014/2015 relacionadas co Plan Proxecta que supón un programa de innovación que pretende o desenvolvemento das competencias básicas e a educación en valores dos nosos alumnos/as a través de actividades interdisciplinares cunha metodoloxía activa e participativa que fomenta a relación coa comunidade educativa.


REFRÁNS



ALUMNADO CON NEAE




MACEDONIA




RECETARIO SAUDABLE




CARTEIS E LEMAS



FONDUE DE CHOCOLATE





MURAL SOBRE A FROITA




VISITA Á LONXA