DÍA DA PAZ
Este ano para a celebración da Paz facemos a “receita da paz”. Para iso traemos un pote onde metemos os ingredientes que cada aula aporta
Cada aula ten asignada unha palabra que será o seu ingrediente segredo para cociñar a PAZ. Por aula poñémonos en fila e imos pasando o ingrediente ata chegar o pote, logo o cociñeiro, verbalizará o ingrediente que a súa aula aporta a receita.
-
As palabras son:
3 anos: AMOR
4anos: SORRISOS
5 anos: PERDÓN
1º educación primaria: PACIENCIA
2º educación primaria: CALMA
3º educación primaria: RESPETO
4º educación primaria: ESPERANZA
5º educación primaria: EMPATÍA
6º educación primaria: SOLIDARIEDADE
A canción “Receta de paz” para bailar todos e todas xuntas
RECEITA DE PAZ
1 SACO DE AMOR
500 GR DE SORRISOS
138 GR DE AMIZADE
1 CULLERADA GRANDE DE PERDÓN
250GR DE RESPECTO
1 GRAN VASO DE SOLIDARIEDADE.
ELABORACIÓN:
MESTURAMOS TODO CON PACIENCIA. E
ENGADIMOS A ESPERANZA DUN MUNDO MELLOR.
ESPALLAMOS TODO CON MOITA EMPATÍA E A FOGO LENTO GUISAMOS CADA EMOCIÓN.