Así conmemoramos os nenos e nenas de infantil un día tan importante coma este!
4º EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas de 3 anos fixemos unha actividade plástica na que representamos ás mulleres máis importantes da nosa vida!!
5º EDUCACIÓN INFANTIL
As nenas e nenos de 5º de infantil pensamos en todo o que as mulleres da nosa vida fan por nós e tentamos retratalas como o que de verdade son: SÚPER HEROÍNAS!!!
6º EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas de 6º de Infantil traballamos esta semana o conto
"¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?".
Carlota, a protagonista da historia, é unha nena aburrida de ser unha princesa rosa. Na clase, xogamos a imaxinar que outras cousas lle gustaría ser a Carlota e puxémonos a debuxar!
Este foi o resultado!
SOÑADORAS ATREVIDAS APAIXONADAS VALENTES
A TODAS AS MULLERES, FELIZ DÍA!!!!