Vaia día máis intenso...
A entrada de hoxe no blog ven cargadiña!
Comezou con imprevistos que lle deu un toque de emoción á xornada, pero ao final todo foi sobre rodas... Houbo sorpresas, regalos, benvidas e despedidas, risas e bágoas, pero sobre todo,
moita diversión!!
Moitas grazas aos que o fixéchedes posible!
En primeiro lugar, e como eles non podían ser menos, @s nen@s de 3 anos representáronnos "O pequeno tulipán", que ben o fixeron!!
Despois desta actuación, subiron ao escenario os encargad@s de biblioteca. O centro quiso ter un detalle con este/as rapaces/as de 5º e 6º que durante todo o curso tiveron a punto este lugar de lectura, xestionando os préstamos e devolucións, colocando cada exemplar no seu sitio, mantendo a orde, etc.
Grazas polos vosos servizos! Fixéchedes posible que 1399 libros viaxaran ás vosas casas.
E seguimos agasallando!!
Como cada ano por estas datas publícase a revista do noso cole, imos polo número 33! Foi difícil seleccionar unha portada para ela, por eso, foi sometida a votación. As finalistas foron as debuxadas por Antonio, Fátima, Samara (os tres de 5º de EP) e Carmen (6º de EI); e a gañadora... Sofía (6º EP).
Velaquí tedes as portadas...
Finalistas:
Gañadora:
Noraboa a tod@s, sodes uns artistas!! Esperamos que desfrutedes dos vosos obsequios e que poñades en práctica con eles as voses dotes artísticas!
A continuación, chegou un momento algo triste, a despedida dos maiores do cole, os de 6º de EP que nos deixan para iniciar unha nova etapa no instituto.
Desexámosvos o mellor!! que comecedes con bo pe e con sentidiño e que nunca esquezades que sodes nen@s do cole de Peisaco, este sempre será o voso cole, encantado de recibir as vosas visitas.
Ata sempre...
Ainhoa, Ana, Claudia, Gabriel, Inés, Naiara, Natalia, Pablo G.,
Pablo L., Sofía, Uxía, Xaquín, Yaiza e Yerai!!!
Despois de todos estes actos a primeira hora, chegou o que en realidade todos os peques e non tan peques estaban esperando... OS XOGOS!!! Imposible resumir con palabras, mellor vendo as seguintes imaxes...